InicioOrientalBarreirosBarreiros renuncia a izar as bandeiras azuis por falla de socorristas

Barreiros renuncia a izar as bandeiras azuis por falla de socorristas

Critica á Xunta por non por os medios adecuados para solucinar este problema. O PP atribúeo a "desastrosa falta de xestión" da rexedora.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de trasladarlle a Adeac, o organismo que outorga as Bandeiras Azuis, a decisión de non proceder ao izado de ningunha das tres bandeiras azuis outorgadas ás praias de Acantilado-Remior, Coto e A Pasada; ante a imposibilidade de contar con persoal de socorrismo suficiente para garantir os mínimos considerados para o mantemento do emblema.

Na súa comunicación a Adeac, a rexedora destaca que o emblema outorgado recoñece a calidade das praias e dos servizos existentes nas mesmas durante a tempada estival. “Pese a ter tratado de cumprir con todas as esixencias e realizar un importante esforzo para poder manter os servizos que deron lugar ao seu outorgamento, entendemos que a opción máis responsable de cara a non prexudicar o recoñecemento presente e futuro do noso municipio a nivel medioambiental e turístico é renunciar ao izado das mesmas nesta tempada, sen impedimento e coa esperanza de poder izalas en vindeiras tempadas”, explicou.

En todo caso, Barreiros ten a intención de manter todos os servizos posibles neses areais dando cumprimento aos criterios Bandeira Azul, xa que  “repercuten na boa imaxe dos areais e no benestar das persoas usuarias dos mesmos”.

SEN SOCORRISTA

A alcaldesa explicou que pese a abrir unha bolsa de socorrismo na primavera e mantela aberta aínda neste momento, só hai cinco persoas coa titulación suficiente para traballar no servizo nas praias de Galicia, o que imposibilita cumprir os criterios marcados en todo momento, “xa que hai que ter en conta as libranzas do persoal ou posibles imprevistos”.

No que respecta ao persoal de prevención, o Concello apostou pola contratación doutro tipo de persoal, como vixiantes, técnicas sanitarias ou patróns de embarcacións para tentar garantir a seguridade, “pero esas persoas non poden considerarse socorristas e polo tanto, “resulta imposible garantir en todo momento a cantidade necesaria de socorristas pedido por Bandeira Azul.”

Ana Ermida insiste na necesidade de afrontar esta problemática dun xeito global e na que a Xunta debe poñer os medios para solucionar unha situación que “cada ano é maior e que só se dá en Galicia, por unha serie de decisións en canto a titulación e ás condicións de temporalidade que impiden a profesionalización do socorrismo, condenado a unha tempada de verán cada vez máis curta.”

PPdeG

Pola súa banda, o PP atribúe a falta de socorristas en Barreiros á “falta de previsión e á desastrosa xestión de Ana Ermida”. Nun comunicado, a formación popular advirte que, dende que os nacionalistas chegaron ao Concello, o número de profesionais que se contrataban para esta fin sempre foi a menos.

O su voceiro, Gómez Puente considera que os argumentos dados pola rexedora “son escusas” e evidencian “falta de vontade política e de traballo por parte da alcaldesa”, xa que outros concellos limítrofes como os de Ribadeo ou Foz non contan con baixas neste servizo.  “O único que conta son contos, e dos contos non se vive. Barreiros ten nas súas praias un forte potencial turístico e económico. É unha mágoa que a alcaldesa non aposte por elas”, indica o voceiro do PP.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...